• Arquivo

  • Artigos recentes

  • Categorías

  • Seccións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 3.391 Visitas

8º CICLO DE CONFERENCIAS

 

O mesmo día no que se da publicidade á programación do 8º Ciclo de Conferencias en Baiona, a prensa faise eco da lista de morosos de Facenda-2018, e nos atopamos con que ai unha persoa que repite nas dúas listas: Mario Conde.

Desde o Esquerda Unida non acertamos a ver a torpeza de incluír na programación de conferencias a unha persoa condenada por estafa e apropiación indebida no ano 2000, e que non pódeselle dicir que quedara saldada a súa débeda coa sociedade cumprindo a condena, xa que volve a estar investigado dentro dunha operación por branqueo de capitais e delitos contra a Facenda Pública, ademais de ter unha débeda de 10 millóns de euros no 2017 que se incrementaron a case 15 no 2018.

Non sabemos que entende o equipo de goberno do Concello de Baiona que poida aportar á veciñanza unha conferencia desta persoa con ditos antecedentes, pero preocúpanos enormemente que este sexa o modelo de actuación ante as obrigas fiscais, que o PP de Baiona queira transmitir a mesma.

Esquerda Unida Baiona, exixe a inmediata retirada do cartel de conferenciantes de Mario Conde, xa que de seguir nel, sería unha burla á veciñanza que cumpre, ano tras ano, con súas obrigacións tributarias.

Baiona 28 de Xuño de 2018

Silvano Montes

Coordinador Local de Esquerda Unida Baiona

 

O PARTIDO POPULAR REXEITA A INCIATIVA POPULAR A PROL DO PARQUE DE BOMBEIROS NO VAL MIÑOR

PREGUNTAS AO SR. ALCALDE

images

Ante as declaración do Sr. Feijoo, non sabemos si botando balóns fora, sobre a contratacións de brigadas contra o lume en distintos concellos, solicitaremos no seguinte Pleno da Corporación ao Sr. Alcalde explicacións sobre o tema.

Preguntas Pleno 1711

CONVOVATORIA ASAMBLEA 03/10/17

images2

ASAMBLEA MUNICIPAL

Dous anos de traballo

 

070608_a1ac0837bce94560851b89383c2074be.jpg_srb_p_608_406_75_22_0.50_1.20_0.00_jpg_srb

Dous anos

ASAMBLEA

  asamblea-municipal-4-xulloimages

VALORACION DO PLENO DO 01/06/2017

VALORACION DO PLENO070608_a1ac0837bce94560851b89383c2074be.jpg_srb_p_608_406_75_22_0.50_1.20_0.00_jpg_srb DO 01

Nota sobre o pleno do 2 de febreiro

 

GRUPO MUNICIPAL ESQUERDA UNIDA – SON

CONCELLO DE BAIONA

 

O GOBERNO DO PP EN BAIONA, NA SUA LIÑA DE “TRANSPARENCIA”, REXEITA A URXENCIA,  E POLO TANTO A POSIBILIDADE DE DEBATE, DA  MOCION PRESENTADA POR EU-SON SOBRE AS CONTRATACIÓNS DE PERSOAL CO GALLO DO “PLAN CONCELLOS 2017” DA DEPUTACIÓN,  NO PLENO CELEBRADO NO DIA DE HOXE

 

No pleno municipal celebrado no día de hoxe, EU-SON presentou unha moción relativa ao método de selección e aos salarios dos empregos que vanse realizar polo “Plan Concellos 2017” da Deputación:

Nesta moción se instaba ao Goberno Municipal ao seguinte:

Que as retribucións do persoal que se contrate a través das subvencións procedentes do Plan Concellos se lle aplique o salario correspondente a súa categoría profesional, ben si existe a categoría no Concello ou ben no Convenio Colectivo sectorial pertinente, no caso de que este sexa superior ao SMI,  e non o Salario Mínimo Interprofesional.
Que se fagan públicos os postos de traballo que se van a cubrir coas subvencións provenientes do Plan Concellos, con indicación dos códigos das ocupacións en cuanto se inicie o expediente de solicitude das subvencións, ou inmediatamente se este proceso xa se iniciou, así como todos os trámites posteriores do proceso de selección.
Que, tal como establece o procedemento, presente a correspondente oferta na oficina pública de emprego e solicite todas as persoas demandantes do Concello de Baiona para cada categoría posto de traballo.
Pois ben, a moción que foi presentada na comisión informativa do xoves pasado co fin de que fora incluída na orde do dia do pleno, non acadou a consideración do Sr. Alcalde, facendo-nos presentala no mesmo día como “urxente”, co único fin de rexeitar a urxencia e así non ter que debatela.

Desde este Grupo Municipal seguimos apostando pola total transparencia nos procesos de selección y contratación de persoal para o Concello, con igualdade de oportunidades, e para iso é preciso ter un compromiso coa transparencia da que o Goberno Municipal fai gala a miúdo na prensa pero que desaparece hora de exercela

Tamén entendemos que  igual traballo debe ter igual salario, e polo tanto as persoas que acaden estes postos deberán cobrar o mesmo que os traballadores do Concello que realizan as mesma tarefas, e non utilizar o argumento, como xa se deu nalgún outro Concello, de que así se contrata mais persoal. Argumento que non se aplican eles cando establecen os seus salarios.
Por outra banda, non é a primeira vez que non se nos inclúe a moción na orde do día, e nosa impresión é que isto sucede cando, ou ben non teñen argumentos para rexeitar nosas propostas ou ben son temas que lle son “incómodos” como foi a moción de apoio ao colectivo LGBTI, a cal non se dignaron nin a escoitala.

O Grupo Municipal de EU-SON lamenta esta falta de “talante” por parte do Goberno Municipal do PP, e aínda que sabemos que nove son mais que oito, pensamos que non se debería furtar á veciñanza o debate dos temas que lles incumben.

Baiona, 2 de febreiro de 2017

Silvano Montes

Voceiro do Grupo Municipal EU-SON de Baiona

 

 

 

 

Nota sobre o pleno do 01/09/16

 

O GOBERNO DO PP EN BAIONA OPONSE A DOTAR DE TRANSPARENCIA AOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL E CONCESIÓN DE BECAS.

 

No último pleno municipal celebrado o pasado dia 1,  EU-SON presentou a seguinte moción relativa aos procesos de concesión de becas e selección de persoal que foi rexeitada polo  PP e que contou ademais coa abstención do PSOE, mentres que o  BNG si mostrou o seu apoio á mesma:

Silvano Montes Sanchez, voceiro do Grupo Municipal Esquerda Unida – Son no concello de Baiona, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, somete a consideración do Pleno da Corporación para o seu debate e consideración a seguinte MOCION PARA PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSONAL

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Fai varios anos véñense convocando dende o Concello diversas Becas de Formación en distintas áreas e coas mesmas funcións, ano tras ano, a realizar polos becarios
Estas funcións, tal e como as recollen as bases e a observación do desenvolvemento da súa función, deixan en evidencia que o que realmente sucede é que se están cubrindo postos de traballo necesarios para o funcionamento desas áreas, polos citados becarios.
Isto, ao noso entender, supón unha distorsión da realidade:
Por unha banda temos ao becario, que non e retribuido polo traballo efectivamente realizado, senón por unhas “supostas” prácticas que ten que acometer a maior parte das veces soportando unha quenda de traballo en solitario (Biblioteca, turismo, informática..), e polo tanto remunerado por baixo das funcións realmente efectuadas, todo iso á súa vez sen dereitos laborais recoñecidos.
E por outra, o propio orzamento, xa que a partida destinada á concesión destas becas non se dedica a formación senón a encubrir postos de traballo.
Desde o Grupo Municipal EU-SON, non soamente entendemos que estes postos de traballo son necesarios, senón que ademais son compatibles coas becas de formación, ben nesas áreas ou nas que se determinen.

Por iso, e tendo en conta o devandito, o Grupo de Esquerda Unida – Son do Concello de Baiona propón ao Pleno os seguintes

ACORDOS:

1º  Urxir ao equipo de goberno á elaboración da RPT, para a que xa existe       consignación nos orzamentos de 2016

2º  Incluír na citada RPT estes postos de traballo e elevalos a oferta de emprego público.
3º  Especificar nas bases para a concesión de becas de formación que cada ano terán que ser persoas distintas as que gocen as citadas becas en cada área.
4º Que o peso da entrevista persoal (medición subxectiva) en calquera proceso de selección de persoal (becas ou contrataciones laborais), non supoña máis do 15% do total da puntuación determinada para cada caso.
5º  Que os distintos tribunais que se formen para evaluar cada proceso, estean formados exclusivamente por persoal técnico do Concello sen que figure neles ningún cargo político.
6º  Que cada grupo municipal poida asistir, cun integrante do mesmo, a cada proceso de selección que se realice, como observador, sen voz nin voto.

Desde o Grupo Municipal de EU-SON Baiona, insistimos, pese ao rexeitamento a nosa proposta referida aos becarios, na necesidade de regularizar esas situacións anómalas e que a solución non pasa, como se indicou por parte da portavoz do PP no debate da moción, “estamos pensado si convócanse para o próximo ano” (ameaza velada?) ou “os departamentos afectados poden funcionar si eses becarios” ( Ante o cal demostramos que se verian seriamente afectados. Baste ver por exemplo os horarios de apertura ao público da Casa Museo da Navegación ou da Biblioteca, e o persoal adscrito a eles).

En canto á non participación dos cargos politicos nos tribunais dos procesos de selección e a posibilidade de que outros grupos muicipales poidan asistir como observadores, non mereceron nin siqera a súa atención, non falando delo no debate, demostrando que iso da transparencia está moi ben para alardear cada vez que nos citan na prensa (non porque o Concello de Baiona cumpra a lei na súa totalidade, que sigue sen cumprila, senón por que hai Concellos moitos peores) pero poñernos a ser transparentes de verdade…xa tal.

Baiona, 2 de Setembro de 2016

O Grupo Municipal EU-SON

 

NOTA DE PRENSA

O Grupo Municipal Esquerda Unida – Son do concello de Baiona rexistrou duas mocions para o debate no próxio pleno

A primeira en apoio as persoas migrantes e refuxiadas e ofrecemento e colaboración como Cidade Acolledora de Refuxiados, entre outras demandas.

Mocion Refuxiados

A segunda para que a contratación pública do Concello inclúa criterios sociais e ambientais.

Moción contratación pública

 

Por outra banda, se ha reiterado por parte do equipo de goberno do concello a singularidade de ser dos puocos concellos que cumplen a lei de transparencia.

Neste senso temos que dicir, que si ben e certo que o Concello de Baiona é dos que mais adiantado vai publicando datos en comparación co resto dos concellos de Galicia, en ninghún caso nos damos por satisfeitos e non cumplen, como queren facer ver aos vecinos, co disposto na citada Lei de Transparencia.

Como exemplo :  Os contratos menores que deberián estar publicados trimestralmente, só están publicados dende Xunio ata Novembro do 2015.

Faltan algunos contratos adxudicados e prorogados.

Non hai datos estatísticos do porcentaxe en volumen orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos.

Falta a relación de convenios subscritos e encomendas de xestión.

Falta a relación dos bens inmuebles

Hai que ter en conta que a Lei está vixente dende  o 9/12/2013, e ainda que os concellos tiñan como límite para poñerse ao día ata o 9/12/2015 a información exposta debe ser dende a entrada en vigor da Lei.

Indicar que no pleno do 3 de decembro pasado, este grupo municipal presentou unha moción solicitando a asdhesión a Rede de Entidades Locais pola Transparencia e á Participación Cidadá e a adhesión ao Portal de Transparencia do Ministerio de Facenda sendo rexeitada polo Partido Popular con maioria no mesmo.

 

Baiona, 28 de marzo de 2016

 

 

Silvano Montes

Voceiro do Grupo Municipal de EU-SON